xoves, 2 de xaneiro de 2020

IGREXA DA PARROQUIA DE CADÓS








Varias imáxenes da Iglesia da parroquia.


TEMPO FRIO




Coce Vilela. Pena Maior con Neboa.


¡¡Vai moito frio!!


                                                                                                                                                                    A plantacion de pinos das Trabancas.
                                      



CHEGOU O INVERNO



Aquí temos a poza da Senra completamente conxelada. Calquera dia facemos un partido de Hockey.

luns, 31 de decembro de 2018

A FONTE DE ARRIBA




¡Por fin!! Despois de nin se sabe cuantas peticións ó Excmo. Sr Alcalde de Bande, este tuvo a ben ordenar o arranxo da "fonte de arriba". Non se sabe se é que se achegan as eleccións ou a boa vontade do primeiro edil de ver cumpridos e satisfeitos os desexos dos veciños de "arriba".
Teño que decir que nós tan só queriamos o arranxo da fonte, pero indo máis alá, fixeron hasta un ¡amago de piscina!, ainda que sea para bañarse o Rony. Pero bueno ahí está é ¡que ben luce!.

domingo, 24 de setembro de 2017

OUTRA DE HISTORIA

Estas fotos foron todas proporcionadas por a Mari Carmen de Lobios, a neta do Marcial da Ponte. Eu non recoñezo a casi nngunha persoa, si alguén os recoñece que o poña en comentarios. Son casi todos  da parroquia de Cadós.



Aquí vemos a Sra. Preciosa a Maria Elena a Isolina....


O Eduardo a Maria da Ponte e a Mari Carmen(supoño).

 O músico e o Marcial.




A Maria da Ponte, Mari Carmen, Sra Preciosa e a meniña..... que o poña ela.

A Sra. Preciosa cruzando a ponte antes do asfalto. Xa choveu.

Debe ser un dia de feira. Están a Maria da Ponte, pareceme que unha dos Gordo, e non sei mais.


A banda de Lobios.


Agustina, Emilia da ponte, Maria e Mari Carmen. Diante da casa da Emilia.


A Maria Morgada, Maria da Ponte, Mari Carmen do Marcialito, Preciosa.

A Dolores do Valado, José da Manola, Maria, Carmiña, Mari Carmen do Bogeiro, Agustina, Perfeuto Pequeno, Manolo do Eugenio e Castita.


A Monserrat do Crecencio e pareceme que algunha das do Gordo.


RUTA DE SENDERISMO



Aquí temos algunhas imaxes da ruta que vai dende a pasarela da central de Buxán pola marxe do río Cadós ata os campos da Barxa.








domingo, 14 de maio de 2017

A  ESCOLA DA GRANXA



Aquí temos a todos estes nenos-mozos (Hoxe vellos) sobre a década dos cincuenta xunto co seu profesor Don Francisco Santos na escola da Granxa.
E non é que as nenas non fosen a escola, senon que a destas estaba en Rubiás.
As voltas que da a vida, había tantos nenos na parroquia de Cadós coma hai hoxe no concello de Bande.

xoves, 8 de decembro de 2016

ANO 2016























Aquí temos o patio da María Bergas e o da Carmen Morgada; están ben floridos, mesmo os de Córdoba teñen un parecido con estas duas fermosuras. Xa viñeron para copiar o bo facer.















Estamos no outono,  chegou o frio e estamos esperando a xeada e a neve que se resiste a vir. Auga xa caíu algunha, non moita.




mércores, 9 de setembro de 2015

NOVAS E VELLAS NOVEDADES

 
 
 
 
 

Todos sabiamos que somos de "terra brava",  pero aqui neste artigo de Eugenio Montes móstranos a bravura dos nosos antepasados parando a invasión dos Romanos. Para quen non saiba quen é o Sr Montes dígovos que o seu mérito mais grande foi ser íntimo amigo de un ciudadano de Ferrol que era militar, deu un golpe de Estado chegou a Generalísimo pola gracia de Dios e gobernou o país durante coarenta anos.







As mulleres da cabeceira do pobo non lles gustaba como estaba a fonte e decidiron darlle un lavado de cara facendo un bonito xardín como nos mostra a María.




Aquí vemos a estampa típica, catro mirando, unha traballando e outro criticando, que non se ve por que foi o que sacou a foto.

luns, 17 de novembro de 2014

VOLVENDO A ORIXE

                                                 



Estes días atrás entre tres veciños tiveron a boa idea de traer ovellas para o Castro. A idea é que manteñan todo limpo e de paso zampar un año de vez en cando.
Estes tres emprendedores son: Serafin, Luis da Avelina e sobriños, e Julio da Mari Carmen.

O outro dia alí estabamos mirando como comían as ovellas completamente extasiados, penso que nos prestaba mais a nós miralas que a elas as berzas. ¡Quen nos diría fai trinta anos que esto sería noticia!
Moita sorte e que o rebaño siga crecendo.

Deixo testimonio gráfico da gandería.



Palleiro da Señora Concha  que fai de cuadra para os animais.


Cierre tradicional galego





E aquí están os animaliños comendo nas magnificas instalacions da corte.